Pintor e debuxante comprometido
Xaquín Marín é un destacado humorista gráfico, pintor e caricaturista galego nado en Fene en 1943. Comezou querendo ser pintor, pero pronto a banda deseñada se cruzou na súa vida, e atopou así o xeito de falar dos grandes temas que lle preocupaban. Sempre a carón dos máis “desfavorecidos” o seu traballo fala sempre de: opresión, da dicotomía campo/cidade, da emigración.. sen perder en ningún momento o seu compromiso co seu país e a súa lingua.
Historia de Galicia a través do seu humor líquido
A exposición “Humor Líquido. Xaquín Marín” presenta unha coidada selección de máis de 150 viñetas, debuxos e cadros que abarcan os seus máis de sesenta anos de carreira profesional. Comisariada polo seu fillo Xandre Marín, e promovida pola federación de asociacións Galiza Cultura, exhíbese no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, ata o 6 de xaneiro.
No programa “O protocolo é para todos” de Radio Ames, dirixido por Margarita Murillo, entrevistamos a Xandre Marín, fillo de Xaquín e comisario da mostra (minuto 24) .. podedes escoitar o programa completo no seguinte link:
Esta expo é polo tanto, un percorrido ao longo do traballo deste xenial artista que a través da súa mirada permítenos percorrer a historia colectiva recente do noso país a través de temas que non perderon vixencia ao longo deste anos, e que son de actualidade a día de hoxe.
O interesante da exposición son ademáis as actividades organizadas arredor, como visitas guiadas que se realizarán os xoves e venres ás 18.00 h e os sábados ás 12.00 h até o 27 de decembro. Resulta especialmente interesante as visitas para centros de ensino, coa realización dun obradoiro no que os alumnos poderán traballar ao redor da ilustración e da viñeta, a cargo de Afra Torrado.
Unha oportunidade de afondar no traballo deste xenial artista, que podemos seguir lendo na Voz de Galicia todas as semanas… que nos demostra canto se pode facer, e de cantas cousas se poden falar só cunha gota de tinta, de aí o título da exposición: Humor Líquido
A continuación, aquí vos deixo a miña mirada sobre Xaquín Marín, a través dunha ferramenta que nos conecta a ambos: o debuxo.. unha pequena homenaxe a este xenial artista galego. Tes a obra resultante disponible na miña tenga on line, preme aquí para vela.