A asociación de artista a que pertenzo, Acolectiva, propuxo os seus socios, participar na edición deste ano do Cultural 2026, cunha exposición colectiva de libros e cadernos de artista, tomando como punto de partirda unha palabra moi sinxela e o mesmo tempo cargada de moitos significados: temperatura.
Qué é o Culturgal?
É a gran festa das industrias culturais de Galicia, un encontro que se celebra no Pazo de Cultura de Pontevedra, dende o ano 2007, para así promover a creación cultural galega e conectar profesionais, institucións e público xeral.
Alí podense atopar, editoriais, presentación de libros, concertos, teatro, obradoiros, charlas, etc.
Reúne cada ano arredor de 15000 visitantes, decenas de expositores, centos de artistas e profesionais do sector.
Cando se celebra o Culturgal 2026?
-
- Do xoves 26 ao domingo 29 de novembro de 2026 (abre a programación o xoves 26).
- Horarios indicados: De 11:00 a 21:00 venres e sábado, e de 11:00 a 20:00 o domingo.
Cómo vou a participar?
A miña participación, xurdeu de xeito espontáneo, sen querer participar de feito. Unha amiga agasalloume ,hai varios meses, co poemario de Brenda Mondelo, «Neve», editado por Chan de Pólvora, e non foi ata a lectura da proposta de A colectiva que decidín comezar a leer «Neve» e así xurde o meu libro de artista, que se converte nunha reinterpretación plástica dunha obra poética. Sobre as páxinas do poemario, utilizando a técnica do tachado, fun ocultando parte da escritura e deixando emerxer palabras e versos que pasaron a relacionarse doutro xeito. O libro conserva a súa condición de soporte e, ao mesmo tempo, transfórmase nun novo espazo poético e visual.
A temperatura funciona como fío condutor desta transformación. Frío e calor non aparecen unicamente como estados opostos, senón como sensacións capaces de rozarse e confundirse. A imaxe da neve sostida nas mans concentra esa ambivalencia: aquilo que arrefría pode sentirse tamén como ardor. Desde esa tensión, a obra explora as relacións entre percepción corporal e emoción.
O vermello e o negro constitúen os únicos colores empregados na intervención. O seu encontro co texto impreso organiza un percorrido entre o que permanece visible e o que queda oculto. O tachado non se presenta aquí como un acto de censura, senón como unha decisión de lectura e unha ferramenta de creación: retirar para facer aparecer, interromper para establecer outras conexións.
Entre o conservado e o oculto ábrese un espazo no que as palabras adquiren outra temperatura.
Apartires de aquí, xurde a posibilidade de crear unha serie limitada de obras, nas que se reproduce dixitalmente a obra en papel Arches de algodón, cos seus tachados correspondentes, unido a unha intervención orixinal realizada por Mareiras en tinta vermella. Así, cada peza, é única e orixinal, xa que non hai dunhas iguais.
Tanto a peza orixinal como as reproduccións inclíuen un NFC para que o espectador poida acceder a máis información sobre o proxecto.
Asimesmo, e seguindo nesa intención de provocar sinerxias entre a poesía e a arte, e de sair as rúas, unhas tote bags, estarán disponibles, para poder chegar a tódolos lugares, porque, qué sería de nós sin arte nin poesía? E ti, vas quedar sen a túa reproducción numerada e intervida? Accede a cada producto, a continuación
Reproducción numerada e intervida: O destino contigo
Reproducción numerada e intervida: Porque se falamos achamos
Reproducción numerada e intervida: Pregúntome as veces
E para os que quedáchedes coa intriga de coñecer o interior do poemario intervido completo, podedes velo no seguinte vídeo:
