Seminario para celebrar o 8M
O Grupo de Investigación Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en Historia da Arte e Patrimonio Cultural, con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organiza este seminario de Investigación, que leva por título: A artista emancipada. Perspectivas feministas para novas historias da arte.
Celebrarase o día 5 de marzo de 2026 de 16 a 19 hs, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC, o rexistro é gratuito: monograficosiacobus@gmail.com
Teño a honra de ser unha das relatoras, xunto con Ofelia Rey Castelao e Begoña Álvarez Seijo.
16:00- 16:40 hs: NIN INVISIBLES NIN SILENCIOSAS. AS MULLERES DA IDADE MODERNA. Relatora: Ofelia Rey Castelao (USC)
16:40- 17:20 hs: LUISA ROLDÁN E A VIRGO LACTANS COMPOSTELÁ, ESCALA, MEDIO E ESTEREOTIPO FEMENINO. Relatora: Begoña Álvarez Seijo (USC)
17:20- 18:00 hs: Nin musa, nin inspiración: ¡Declárome artista!. Relatora: Mareiras (María Eiras, Artista)
18:00- 19:00 hs: Mesa de debate. Moderación a cargo de Juan Manuel Monterroso Montero
Debemos tomar conciencia da nosa propia historia e da nosa posición no mundo, desenrolando unha voz propia, crítica e autónoma, no meu caso utilizando a arte como ferramenta de transformación, reinvindicando o noso papel na historia da arte, pero tamén xenerando discursos que sigan ampliando a liberdade e a presenza das mulleres en tódolos ámbitos. Neste seminario reflexionaremos sobre todas estas cuestións, inscríbite e entre todas iremos construindo o novo relato.

