
O pasado venres 6 de xuño, inaugurouse en Compostela, a miña exposición Tras a pegada das musas, unha reflexión sobre mulleres creadoras, dentro da programación expositiva do Consorcio de Santiago, na Casa Do Cabido, poderá visitarse ata o mes de outubro.
A exposición ocupa os diferentes espacios desta icónica casa, creada como «telón» para que a praza tivera un aspecto máis acorde a importancia que tiña na cidade. A través de máis de trinta obras, reflexiono e reinvindico o papel da muller como creadora ó longo da historia da arte.Tras a pegada das musas’, na Casa do Cabido.
Coa exposición, busco invitar a reflexionar e cuestionar os relatos oficiais que, con frencuencia, invisibilizaron a achega creativas das mulleres.
A proposta reinterpreta o legado baseado na tradición grecolatina das nove musas, figuras femininas que personificaban a inspiración artística, eran as fillas de Zeus e Mnemosine, e cada una está asociada a una disciplina específica, como a historia, a música, a comedia, a traxedia, a danza, a poesía lírica, a retórica, a astronomía e a épica. As musas foron invocadas por poetas e artistas para obture a inspiración e ayudar na creación das obras. Na mostra propoño que o femenino sexa suxeito creador, e non só musa, modelo, aprendiz ou pupila.
Deste xeito, os diferentes espazos da Casa do Cabido, dan forma a un percorrido polas 34 pezas realizadas con óleo, pastel e acuarela,nas que presento oito mulleres e unha figura masculina, desafiando así os roles convencionais e abrindo o debate sobre a diversidade e a igualdade na arte. No propio título évocase a pegada de quen inspira e tamén a necesidade de recuperar voces esquecidas, lembrando que a orixe do termo ‘museo’ é precisamente o templo das musas, un espazo de creación e coñecemento que a Casa do Cabido recupera con esta iniciativa como lugar de encontro e diálogo entre a arte e a cidadanía. O longo das diferentes salas, a historiadora Begoña Alvarez Seijo (Wellesley College, Boston/Universidade de Santiago de Compostela), a través dos seus textos de sala, nos sitúa e nos acompaña a través dun percorrido pola historia da arte en feminino, tomando como punto de partida, a reflexión de Linda Nochlin : Por qué non houbo mulleres artistas?, propón un viaxe e unha reflexión sobre a necesidade dun novo relato na arte, no que a figura feminina teña o protagonismo ata o momento esquecido.
Durante os vindeiros meses, pintarei un cadro de grande formarto na planta baixa, case a pé de rúa, en sesións abertas ao público. O xoves 12 entre as 18 e as 20 hs, a artista comezará a pintar o cuadro no que progresivamente, en diferentes sesións, irá traballando, de feito hai prevista a presenza do modelo masculino da artista, representado nas obras da planta 1 da Casa do Cabido. Esta proposta ven a enriqucer o diálogo entre artista e espectador, unha invitación a reflexionar sobre a inspiración e o proceso creativo.
O pasado xoves comezou a intervención, que nas vindeiras semanas contará coa presenza do modelo en vivo. Esta iniciativa permite aos visitantes achegarse ao proceso creativo en directo, observando como unha obra nace e evoluciona ao longo do tempo. En varias destas sesións, Mareiras contará coa presenza dun modelo, enriquecendo así o diálogo entre artista e espectador, convidando a reflexionar sobre a inspiración, a técnica e a conexión entre a arte e a vida.
A Casa do Cabido acolleu nos últimos anos diferentes propostas que reforzan o compromiso do Consorcio de Santiago coa cultura contemporánea e coa creación de lugares de encontro e diálogo. Agradezo a confianza que depositada no proxecto, e que me abriran as portas deste emblemático lugar.
A mostra pode visitarse de balde de martes a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, e o domingo, de 11 a 14 horas, luns pechado.
María Eiras ‘Mareiras’
Mareiras é graduada en Belas Artes e licenciada en Psicoloxía. Dende 2011 dirixe Mareiras Espazo de Arte en Compostela, onde compaxina os seus labores como artista, coa docencia e a xestión cultural.
Foi seleccionada en certames tanto nacionais como internacionais, como a XIII e XIV Bienal do Eixo Atlántico (Galicia/ Portugal), o Malamegi Lab Art Prize (Italia), o XXXI Certame de Pintura Cerezo Moreno (Xaén), a XVI Edición do Premio Internacional de Pintura Eugenio Hermoso (Badaxoz) ou a Mostra de Arte Contemporánea Art´in Lima 22/23/24 (Portugal). Ademais, ilustrou diversos libros como No nome da nai. Creación e luz, ou As nosas letras de muller a muller.
O traballo creativo de Mareiras caracterízase por unha profunda sensibilidade cara á luz e a cor, dous elementos esenciais na súa pintura. A través de pinceladas vibrantes e unha paleta rica en matices, a artista logra capturar a atmosfera e a emoción de cada escena, transformando o lenzo nun espazo de encontro entre o visible e o intanxible. A luz, protagonista na súa obra, modela as formas e crea ambientes que convidan o espectador a mergullarse na experiencia íntima da creación. A cor, pola súa banda, actúa como linguaxe emocional, transmitindo sensacións e abrindo novas perspectivas sobre a realidade. Así, a pintura de Mareiras non só celebra a beleza do mundo, senón que tamén explora os límites da percepción e a inspiración.


